[[TranslatedPages(revision=17)]] = Tradución da wiki = O sistema que proporciona [wikitr:/Help axuda] aos usuarios de JOSM baséase nesta wiki. Trata o contexto exacto que hai baixo o punteiro do rato. Pode ofrecer o [wikitr:/DevelopersGuide/HelpSystem/HelpTopicsList tema] apropiado cando o usuario fai clic en [[JOSMImage(help,link=wikitr:Help,24,valign=middle)]] ou cando preme `F1`. O noso obxectivo común é axudar ao usuario no seu propio idioma. As páxinas de JOSM seguen o sinxelo método de engadir o código de idioma diante do nome da páxina. Podes atopar (e engadir) os códigos de idioma ná páxina TracLanguages. Cada páxina base en inglés ten a macro `[[TranslatedPages]]` na parte superior. Esta macro crea un pequeno menú que contén enlaces a tódalas páxinas traducidas que teñen o mesmo nome de páxina. [[BR(É necesario escribir a macro en falso para evitar que se execute aquí)]] Esta macro tamén se usa en cada páxina traducida. A maiores contén como parámetro a revisión da páxina base. Fíxate no seguinte exemplo: [[Image(Translations/Wiki:revision.png)]] A última revisión da páxina base pode atoparse indo á páxina e facendo clic no enlace `Historial` (debaixo do menú principal). Cando a revisión da páxina base é máis nova que a revisión traducida (porque alguén actualizou a páxina en inglés), entón aparecerá na parte inferior do menú dos enlaces dos idiomas un novo elemento que mostra a revisión da traducción e maila revisión nova. Cando se fai clic nese enlace, amósanse as diferencias entre ámbalas revisións. Podes usar estas diferencias para actualizares a tradución. Durante esta actualización, deberase incrementar o número da revisión na páxina traducida para que coincida coa revisión nova e desa maneira o enlace adicional desaparecerá. [[Image(Translations/Wiki:diff.png)]] Algunhas notas: * Tódolos enlaces a páxinas da wiki deberían ter `wikitr:` como dominio. Este dominio proporciona a URL dunha páxina traducida, se está dispoñible. Se aínda non está traducida, entón proporciona a URL da páxina base en inglés, xunto cun marcador. \\ `[wikitr:/Translations/Wiki Tradución da wiki]` levará ao lector sempre a unha páxina válida. * As imaxes da páxina base en inglés poden estar facilmente nas páxinas traducidas. Para referirse a elas, usa o nome de páxina como dominio e coloca dous puntos diante do nome do ficheiro: `[[Image(Translations/Wiki:diff.png)]]` * Está xenial se as capturas de pantalla se ofrecen no idioma nativo, aínda que a versión inglesa tamén se acepta e leva menos traballo. * As páxinas deberían ser coherentes entre si, así que se engades algunha cousa nova nunha páxina traducida, engádea tamén na páxina base en inglés (excepto se son cousas específicas do idioma). Véxase a [WikiMacros#TranslatedPages-macro descrición da macro] para máis información sobre esta macro. Pódese marcar unha páxina como incompleta ou como desactualizada engadindo o parámetro `outdated` á macro de tradución. O valor para este parámetro é unha mensaxe que describa a incompletitude e o que hai que facer. O nome do parámetro debe separarse dos outros parámetros mediante unha coma. O valor do parámetro sepárase do nome medianto o signo igual. As comas que poida haber dentro do valor deben escaparse cunha barra invertida. Exemplo: `[[TranslatedPages(revision=12,outdated=A tradución está incompleta\, falta a última parte.)]]` As mensaxes de desactualización que haxa na páxina base en inglés poden copiarse na tradución, pero é probablemente mellor telas só na páxina base. Isto permite diferenciar os problemas relacionados coa traducción (páxinas traducidas) dos problemas relacionadas co contido (páxina base). Aínda así, é posible traducir a mensaxe usando o [wiki:WikiHtml#HowtoUseDivSpan #!div] de [wiki:WikiProcessors WikiProcessors], engadindo isto nas liñas seguintes: {{{ {{{#!div style="border: 1pt solid; margin: .0em; background-color: #FFFFDE;" Contexto de `outdated` }}} }}} A [wikitr:/OutdatedPages lista de páxinas desactualizadas] amosa tódalas páxinas desactualizadas e os seus comentarios asociados. As súas variantes traducidas amosan esta información só para as páxinas dese idioma e as páxinas base inglesas. === Códigos de idioma === Os códigos de idioma en JOSM seguen o método usado por Launchpad e outras moitas traducións de código aberto. Estes son: * Codigos de dúas letras da [https://www.loc.gov/standards/iso639-2/php/English_list.php ISO 639-1] en minúsculas, por exemplo: `de`. * Códigos de tres letras da [https://www.loc.gov/standards/iso639-2/php/English_list.php ISO 639-2] en minúsculas cando non existe un código de dúas letras, por exemplo: `ast`. * O código de idioma segundo o anterior, seguido dunha barra baixa e o código do país en maiúsculas seguindo a ISO 3166-1, por exemplo: `pt_BR`. * O código de idioma segundo o anterior, seguido dunha arroba e o dialecto en minúsculas, por exemplo: `ca@valencia`. Os códigos modifícanse lixeiramente nos seguintes lugares: * No manifesto de Java e nas claves de ficheiros XML, o signo "@" é substituído por un "-", por exemplo: `ca-valencia`. * Nos títulos das páxinas da wiki, a primeira letra (tamén despois de signos) ponse en maiúscula, por exemplo: `Pt_BR` ou `Ca-Valencia`. Pode verse o estado da tradución de toda a wiki na páxina de [wikitr:/Translations/Statistics Estatísticas].